22/5/12

Matrícula para Selectividade

O alumnado que  titule no Bacharelato e desexe facer o Selectivo terá que pasar obrigatoriamente os días 23 ou 24 para realizar o pago das tasas e presentar a documentación necesaria.

16/5/12

2º BACHARELATO: ENTREGA DE NOTAS E RECLAMACIÓNS

Os resultados da avaliación final (convocatoria ordinaria) de 2º de bacharelato poderán consultarse (e imprimirse) na páxina web do centro (www.epapontevedra.com) a partir das 17:30h do martes 22 de maio.
Se algún alumno quixese ver o exame e/ou falar co profesor/a correspondente sobre calquera aspecto relacionado co resultado da súa avaliación deberá falar directamente co profesor correspondente ou solicitalo na mesma conserxería indicando nome e apelidos, quenda, nº de teléfono de contacto e especificando materia e profesores cos que desexa entrevistarse. Estas solicitudes procuraranse resolver na mesma tarde do día 22 ou, como moi tarde, no día seguinte (para o cal contactaríase telefonicamente co interesado).
Se despois de ver o exame e entrevistarse co profesor o alumno mantén o seu desacordo co resultado da avaliación, poderá presentar unha reclamación formal por escrito xustificando os motivos que o levan a reclamar. Este documento débese presentar na secretaría do centro, dirixido á Dirección, (en horario de 9;00h a 14:00h) os días 23 ou 24 de maio.

10/5/12

CALENDARIO E HORARIO EXAMES 2º BACH. 3ª AVALIACIÓN

Horarios (pinchade para velos en pantalla completa)



3/5/12

NOTAS EPA EXTRAORDINARIA

Xa están na nosa páxina web as notas da avaliación extraordinaria de abril/maio da ESA semipresencial e presencial.