23/1/14

NOTAS ORDINARIA ESA , REVISIÓN DE EXAMES E PRAZO DE RECLAMACIÓNS


As notas da avaliación ordinaria estarán a disposición do alumnado dende as 20:00 do mércores 5 de febreiro na nosa web, no enlace 

 http://www.epapontevedra.com/notas/notas.php


REVISIÓN DE EXAMES PARA ALUMNOS DA ESA :

O alumnado poderá revisar os exames o xoves 6 de febreiro neste horario:

  • Alumnos da quenda da mañá:  De 11:30 a 13:00 
  • Alumnos da quenda da tarde: De 19:45 a 21:15

Os profesores estarán na sala de profesores (3º andar) para atender as súas peticións.



PRAZO PARA RECLAMACIÓNS:

O alumnado poderá presentar reclamación por escrito na secretaría do centro os días 6 e 7 de febreiro.

BOLETÍNS ESA PRESENCIAL:

Os alumnos dos grupos de presencial terán os boletíns na conserxería do centro o xoves 6 dende as 11:00 e 17:00 horas respectivamente para quenda da mañá ou da tarde.