15/5/13

2º BACHARELATO: matrícula para as PAU

O alumnado que titule no Bacharelato e desexe facer o Selectivo terá que pasar obrigatoriamente pola secretaría do centro os días 23 ou 24 para realizar o pago das tasas e presentar toda a documentación necesaria.

2º BACHARELATO: entrega de notas e reclamacións.


Os resultados da avaliación final (convocatoria ordinaria) de 2º de bacharelato poderán consultarse (e imprimirse) na páxina web do centro (www.epapontevedra.com) a partir das 20:00h do mércores 22 de maio.

Se algún alumno quixese ver o exame e/ou falar co profesor/a correspondente sobre calquera aspecto relacionado co resultado da súa avaliación deberá contactar directamente con el, para o que disporá dos días 23, 24 ou 27.

Se despois de ver o exame e entrevistarse co profesor o alumno mantén o seu desacordo co resultado da avaliación, poderá presentar unha reclamación formal por escrito xustificando os motivos que o levan a reclamar. Este documento débese presentar na secretaría do centro, dirixido á Dirección, (en horario de 9;00h a 14:00h) os días 28 ou 29 de maio.

ESA SEMIPRESENCIAL e PRESENCIAL: entrega de notas e reclamacións da convocatoria extraordinaria de maio


O vindeiro mércores 22 de maio estarán dispoñibles, desde as 20:00h., as notas cos resultados da convocatoria extraordinaria do 1º cuadrimestre dos cursos da ESA SEMIPRESENCIAL e PRESENCIAL, podedes consultalas desde o enlace situado na páxina WEB do centro.

Os alumnos da modalidade ESA PRESENCIAL poderán recoller os boletíns de notas na conserxería a partir desa mesma hora.

Se algún alumno quixese ver o exame e/ou falar co profesor/a correspondente sobre calquera aspecto relacionado co resultado da súa avaliación deberá solicitalo directamente na conserxería ou ben chamando por teléfono o xoves 23 ou o venres 24, indicando nome e apelidos, concello de referencia, nº de teléfono de contacto e especificando con que profesores desexa entrevistarse. Estas solicitudes procurarán resolverse o luns 27 e o martes 28 (para o cal contactaríase telefonicamente co interesado).


* Período de reclamación formal na secretaría do centro: días 28 e 29 de maio (en horario de 9:00h a 14:00h)