30/9/12

BACHARELATO: formalización matrícula alumnos admitidos

Recordade que todos os alumnos admitidos tedes como data máxima para formalizar a matrícula ata o próximo venres 5 de outubro.

27/9/12

Notas definitivas Probas Libres ESO (Setembro)

  Xa están as notas definitivas das Probas Libres da ESO (convocatoria de setembro), podedes consultalas no Taboeiro de Novas do Centro ou nas seguintes ligazóns:

Tribunal nº 3 (Gaiteiro-Zas)

26/9/12

Admitidos Bacharelato despois da baremación


  Estas son as listaxes de admitidos no Bacharelato despois de aplicar o baremo de Facenda:





BACHARELATO: Presentación e inicio de clases.



A presentación de Bacharelato terá lugar o próximo venres, 28 de setembro no seguinte horario:

* 11:30 h.--- Quenda da mañá
* 18:15 h.--- Quenda da tarde

O inicio das clases será o luns, 1 de outubro, no horario normal.
Os horarios de 1º e 2º de bacharelato podédelos consultar na sección "Horarios" situada na páxina de inicio da nosa web.

LISTAXE ADMITIDOS BACHARELATO 2012-2013



Unha vez rematado todo o proceso de baremación, publicamos a listaxe de alumnos de bacharelato admitidos para o curso 2012-13.
Pode consultarse no taboeiro exterior do noso centro ou na seguinte ligazón.

25/9/12

BACHARELATO 2012-13: LISTAXE ADMITIDOS

Unha vez recibidos os datos necesarios da Axencia Estatal e Administración Tributaria, de todos os alumnos que no seu día solicitaron unha praza de bacharelato no noso centro, informamos que a  listaxe de alumnos de bacharelato admitidos para o curso 2012-13 será publicada o próximo mércores, día 26, ás 15:00h

Os alumnos admitidos deberán pasar pola secretaría do centro para formalizar a matrícula (desde o día 27 de setembro ata o 5 de outubro como data máxima).
A presentación do curso 2012-2013 para todos os alumnos de bacharelato admitidos será o venres, día 28 de setembro, en horario todavía non determinado.

21/9/12

Horarios do curso 2012-13, 1º cuatrimestre

  Xa están disponibles os horarios do novo curso. Podedes consultalos e descargalos en PDF seguindo a ligazón da páxina principal do Centro ou  AQUÍ

20/9/12

PROBAS LIBRES (setembro): Cualificacións provisionais TRIBUNAIS Nº 2 e Nº 3


Xa se poden consultar as notas dos exámes das Probas Libres da ESO (convocatoria de SETEMBRO). O prazo de reclamacións é do 21 ao 24 deste mes de SETEMBRO, en horario de oficina. As notas están no taboeiro de anuncios do Centro e na xanela de documentos da páxina das probas na web da EPA ou nestas ligazóns:

 Tribunal nº 2:
 Tribunal nº 3 (Gaiteiro-Zas)

17/9/12

LISTAXE ADMITIDOS BACHARELATO 2012-2013


Unha vez finalizado o prazo de reserva de prazas do bacharelato semipresencial e feito o reconto de solicitudes presentadas informamos da necesidade de realizar un proceso de baremación.

Seguindo as indicacións do punto 19, apartado d), da circular 5/2012 da Dirección Xeral de Educación para a organización das ensinanzas de bacharelato para persoas adultas os alumnos que obteñen praza en primeiro lugar son os alumnos que cursaron materias no noso centro no anterior curso académico (ESA ou bacharelato), aqueles alumnos con algún tipo de discapacidade que impida ou dificulte a asistencia á modalidade presencial e aqueles alumnos con contrato laboral vixente. Por último, obterían praza no centro aqueles solicitantes con menor renda persoal ou da unidade familiar á que pertenzan.




Á espera de recibir os datos necesarios da Axencia Estatal e Administración Tributaria para poder continuar co proceso desta baremación, e expoñer a lista completa de todos os alumnos admitidos, publicamos unha primeira listaxe dos alumnos xa admitidos por cumplir unha das 3 primeiras condicións de acceso.

Estes alumnos xa admitidos deberán pasar pola secretaria para formalizar a súa matricula desde o día 18 ao 25 de setembro, ambos incluídos. (de 9:00h. a 14:00h).

O resto do alumnado deberá permanecer á espera de rematar o proceso de baremación, xa cos datos da Axencia Estatal e Administración Tributaria, nese momento publicaremos a listaxe co total de alumnos admitidos (este proceso poderá tardar 4 ou 5 días). Calquera novidade será publicada nesta sección da nosa páxina web.
















 







PRESENTACIÓN CURSO 2012-2013: ESA, NIVEL I, NIVEL II e INMIGRANTES.


O próximo venres, 21 de setembro, realizaremos a presentación do curso 2012/13 no seguinte horario:


11:00 HORAS--> ESA PRESENCIAL MAÑÁ (1º e 3º)

12:30 HORAS--> ESA SEMIPRESENCIAL MAÑÁ







17:30 HORAS--> ESA PRESENCIAL TARDE (1º e 3º)

18:15 HORAS--> NIVEL I e NIVEL II

18:30 HORAS--> ESA SEMIPRESENCIAL TARDE

18:30 HORAS--> L.C.e G.INMIGRANTES


As clases comenzarán o luns 24, no horario normal.

Os horarios de cada grupo estarán expostos nos taboleiros da zona de conserxería o mesmo venres.

16/9/12

REUNIÓN CÓS PROFESORES DOS CONCELLOS



O próximo mércores, 19 de setembro, ás 18:00 horas terá lugar a reunión para informar dos contidos, temario, materiais,etc, da ESA SEMIPRESENCIAL para o curso 2012-2013.

A reunión celebrarase na aula 17 situada no 2º andar do noso edificio, ao lado do despacho de xefatura de estudos.

10/9/12

LISTAXES PROVISIONAIS PROBAS LIBRES SETEMBRO

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNOS MATRICULADOS PARA PROBAS LIBRES DE SETEMBRO:


A LISTAXE SÓ CONTÉN Ó ALUMNADO QUE REALIZARÁ A PROBA NO CENTRO EPA RÍO LÉREZ

TRIBUNAL Nª 1:

VER EN EL ENLACE https://www.sugarsync.com/pf/D6857621_7325004_142784


TRIBUNAL Nº 3: https://www.sugarsync.com/pf/D6857621_7325004_142782









7/9/12

E.S.A.: entrega de notas e reclamacións.(Setembro 2012)


Os resultados da avaliación de setembro (convocatoria extraordinaria) da ESA poderán consultarse (e imprimirse) na páxina web do centro (www.epapontevedra.com)a partir das 12:00 horas do luns 10 de setembro.
Se algún alumno quixese ver o exame e/ou falar co profesor/a correspondente sobre calquera aspecto relacionado co resultado da súa avaliación poderá acudir ao centro dende as 12:00 horas ata as 13:00 horas dese mesmo día .

Se despois de ver o exame e entrevistarse co profesor o alumno mantén o seu desacordo co resultado da avaliación, poderá presentar unha reclamación formal por escrito xustificando os motivos que o levan a reclamar. Este documento débese presentar na secretaría do centro, dirixido á Dirección, (en horario de 9:00h a 14:00h) os días 10, 11 ou 12 de setembro.

3/9/12

EXAMEN PRUEBA DE NIVEL

Informamos que el próximo miércoles 12 de septiembre a las 18:00 horas tendrá lugar la realización del examen de la PRUEBA DE NIVEL para todas las personas matriculadas previamente en nuestra secretaría.
Los alumnos deberán presentarse 10 minutos antes de dicha hora en la secretaría del centro.