Este ano a matrícula para a PROBA LIBRE ESO realizouse en 2 centros educativos de Pontevedra, EPA Río Lérez e IES Sánchez Cantón. Todos os alumnos admitidos farán os exames no centro donde foron matriculados:
Apelidos dende o A ata o L : EPA Río Lérez
Apelidos dende o M ata o Z: IES Sánchez Cantón
A listaxe provisional de persoas persoas admitidas e excluídas para a realización destas probas correspondentes ao alumnado inscrito no noso centro EPA Río Lérez xa están publicadas no taboleiro principal.
As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de 3 días hábiles para realizar unha reclamación formal (18, 19 e 20 de abril) na secretaría do centro.
Data de realización das probas: 27 de abril.
Horarios:
Chamamento para o acceso ás probas: 8:30h.
Exame Ámbito Cientifico-Tecnolóxico: 9:30h. ata 12:30h.
Exame Ámbito Social: 12:30h. ata 14:00h.
Exame Ámbito Comunicación: 16:00h. ata 19.45h.
(A partir deste momento todas as novas relacionadas coas probas libres serán publicadas dentro da nova sección da nosa web "PROBAS LIBRES ESO" )
(A partir deste momento todas as novas relacionadas coas probas libres serán publicadas dentro da nova sección da nosa web "PROBAS LIBRES ESO" )