11/6/14

PROBAS LIBRES MAIO 2014: CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS (tribunal Nº1 : IES Frei Martín Sarmiento e tribunal Nº2 : EPA Río Lérez)




 CUALIFICACIÓNS DEFINITIVAS

Xa están dispoñibles as cualificacións definitivas das PROBAS LIBRES da ESO correspondentes á convocatoria de maio. Na nosa páxina web están colocadas as notas de todos aqueles alumnos que se matricularon para estas probas no noso centro e que, polo tanto, fixeron os exames no IES Frei Martín Sarmiento ou na EPA Río Lérez. Podedes consultalas desde o enlace-icono situado na páxina de inicio da WEB do noso centro ("NOTAS") ou ben acceder directamente ás notas que colgarán o próximo venres 13 de xuño na páxina web de Ensinanzas de Adultos da Consellería de Educación desde este enlace  http://www.edu.xunta.es/web/node/1238
Lembrade que tedes que introducir como código identificador o voso DNI, (con letra maiúscula, sen guión) seguido do mes e ano de nacemento (ámbolos dous en formato de dous díxitos, por exemplo febreiro de 1987 será 0287).
No caso de alumnos extranxeiros, é necesario o número do pasaporte ou o de matrícula, seguido tamén da data de nacemento.
                                            
                                                         A secretaría

REVISIÓN DE EXAMES ORDINARIA ESA E 1º BACHARELATO. RECLAMACIÓNS

Todo o profesorado da ESA E 1º BACHARELATO estará a disposición do alumnado o martes 24 para calquera aclaración ou consulta no seguinte horario:

Quenda da mañá: 11:00 a 13:00

Quenda da tarde: 17:30 a 19:30


O profesorado estará na sala de profesores (3º ANDAR) e xefatura de estudos coordinará as solicitudes de revisión.



Período de  reclamacións:

martes 24 e mércores 25 no horario de Secretaría.

Para presentar reclamación temos que cumplimentar un impreso que pediredes na conserxería, no que expoñeredes os motivos da vosa reclamación e logo entregalo na Secretaría do centro para darlle rexistro de entrada.



Xefatura de Estudos