19/12/12

EQUIPO da BIBLIOTECA: Lecturas recomendadas para o NADAL


O Equipo da Biblioteca quere recomendarvos dúas lecturas para que non vos aburrades nas vacacións de nadal.

- A praia dos afogados (Domingos Villar)


-As voces baixas (Manuel Rivas).





15/12/12

I CONCURSO DE MICRORRELATOS: semifinalistas

Estes foron os tres microrrelatos seleccionados polo Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega como semifinalistas. Agora podedes lelos e votar na enquisa situada na páxina web www.normalizacion.epapontevedra.com na sección de microrrelatos.




Equipo Dinamización da Lingua Galega: Nova páxina web

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro ben de estrear hai pouco unha nova e interesante páxina web. A súa dirección é: www.normalizacion.epapontevedra.com

14/12/12

EPA SOLIDARIA: OPERACIÓN KILO

A EPA Río Lérez colabora co BANCO DE ALIMENTOS e recolle... (ata o próximo día 20).
  • Productos de nadal
  • Conservas
  • Pastas
  • Arroz
  • Azucre
  • Leite
  • Aceite, fabas garavanzos, lentellas,...

Agradecemos a vosa colaboración

12/12/12

Enquisa sobre a utilización da Biblioteca

ENQUISA BIBLIOTECA



Biblioteca
EPA Río Lérez

Queremos coñecer a túa  opinión sobre algunhas cuestións relacionadas co uso da biblioteca e coa  afección pola lectura. Le o cuestionario con atención e elixe a resposta máis axeitada. O equipo da biblioteca agradece a túa colaboración.

30/11/12

BACHARELATO: Entrega de notas (1º Trimestre)


O vindeiro xoves 20 de decembro estarán dispoñibles, desde as 14:00h., as notas de 1º e 2º de BACHARELATO correspondentes ao 1º trimestre. Podedes consultalas desde o enlace situado na páxina de inicio da WEB do Centro. Lembrade que tedes que introducir como código identificador o voso DNI (con letra, sen guión), seguido do mes e ano de nacemento (ámbolos dous en formato de dous díxitos, por exemplo: febreiro de 1987 será 0287). No caso de alumnos estranxeiros é necesario o número do pasaporte ou o de matrícula, seguido tamén da data de nacemento.

PROCLAMACIÓN CANDIDATOS ELEXIDOS CONSELLO ESCOLAR

Unha vez finalizado o escrutinio dos votos, os representantes dos profesores e alumnos elexidos para formar parte do Consello Escolar son:  


                            ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2012-2013
                        -PROCLAMACIÓN DOS CANDIDATOS ELEXIDOS- 

   SECTOR PROFESORADO                     SECTOR ALUMNADO

    Antón Corderí Rodríguez                           Marta Mª Rego Taboada

    Paloma Martín Gilarranz                            Josimeire Lima Ojeda

  Mª Dolores Fernández Santos

                                                                                 A Xunta Electoral

29/11/12

BACHARELATO: Horarios exames 1ª avaliación

(Pinchade neles para velos a pantalla completa)

 


 


 
 
 

28/11/12

BACHARELATO: Examen de coincidencias (1ª avaliación)


Os alumnos aos que lles coincida no mesmo horario un exame de 2º BACH. con outro de 1º BACH, deben facer o exame de 2º no horario establecido e presentarse o venres 14 de decembro, ás 11:30h os da quenda da mañá e ás 17:30h os da quenda da tarde, na aula 12 para facer o exame de 1º BACH no horario previsto para COINCIDENCIAS.

Nese caso É OBRIGATORIO QUE O ALUMNO AVISE AO PROFESOR/A DA MATERIA DE 1º E SE ANOTE NA LISTAXE QUE PARA O EFECTO SE ABRIRÁ NA CONSERXERÍA. O prazo para anotarse rematará o mércores 5 de decembro a última hora do serán.

Ningún alumno/a debe presentarse á realización desta proba sen telo advertido con anterioridade, porque estes exames non se poden prever.
                            
                                                                     O xefe de estudos

21/11/12

VOTACIÓNS RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Unha vez rematado o prazo para a presentación das candidaturas de profesores e alumnos, e proclamados éstes (as actas de proclamación dos 16 candidatos de alumnos están colgadas nos diferentes taboleiros do centro), recordade que o vindeiro mércores 28 de novembro será o día da votación. Con tal motivo colocaremos  unha urna na sala de xuntas situada na 3ª planta para que poidades votar no seguinte horario:
        Quenda da mañá: 11:00 h. ata 13:00 h.
        Quenda da tarde:  19:00 h. ata 21:00 h.


20/11/12

ESA: entrega de notas (1º Bimestre)

O vindeiro mércores 21 de novembro estarán dispoñibles, desde as 22:30h., as notas dos cursos da ESA SEMIPRESENCIAL correspondentes ao 1º bimestre. Podedes consultalas desde o enlace situado na páxina de inicio da WEB do Centro. Lembrade que tedes que introducir como código identificador o voso DNI (con letra, sen guión), seguido do mes e ano de nacemento (ámbolos dous en formato de dous díxitos, por exemplo: febreiro de 1987 será 0287). No caso de alumnos estranxeiros é necesario o número do pasaporte ou o de matrícula, seguido tamén da data de nacemento.

As notas correspondentes aos cursos da ESA PRESENCIAL serán entregadas na aula polos propios titores.

7/11/12

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR: CALENDARIO ELECTORAL


A Xunta Electoral reunida no día de hoxe, 7 de novembro, aprobou o seguinte calendario de actuacións para a renovación dos integrantes do Consello Escolar:


PRESENTACIÓN CANDIDATURAS CONSELLO ESCOLAR


Prazo para a presentación de candidaturas ao Consello Escolar.

 

Desde hoxe día 8 ata o próximo 16 de novembro, ambos incluídos, queda aberto o prazo de presentación de candidaturas de todos os sectores da comunidade escolar para ser membro do Consello Escolar de cara á renovación parcial que corresponde neste curso 2012-2013.

De acordo coa lexislación vixente, este curso deben ser renovados 3  membros do profesorado e  2 de alumnado.

Os interesados deben cumprimentar a solicitude na Secretaría do centro no prazo indicado anteriormente.

 O día 21 de novembro proclamaranse os candidatos de cara ás eleccións do  mércores 28 de novembro.

                                             Atentamente.

                                                                   O Director: José Luis Casado Guerra

31/10/12

ESA SEMIPRESENCIAL: calendario e horarios dos exames do 1º cuadrimestre.

EXAMES ESA SEMIPRESENCIAL (1º cuadrimestre)



NOTA: Os alumnos deberán presentarse no centro ás 15:55h. e/ou 18:55h., segundo corresponda, co DNI ou carnet do centro.

25/10/12

CALENDARIO EXÁMENES Y EVALUACIONES ESA Y BACH.

Ayer, 24 de octubre, fueron aprobados por el consello escolar los calendarios de exámenes y evaluaciones para este curso 2012-2013.



 

21/10/12

Renovación Parcial Consello Escolar (Novembro 2012)


A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO EPA RÍO LÉREZ

 

No mes de novembro procederase á renovación parcial dos integrantes do Consello Escolar.

A elección dos representantes dos distintos sectores celebrarase entre os días 26 e 30 de novembro, ambos os dous incluídos.

Os sectores a renovar son:



                                     1.- Sector PROFESORADO (3 persoas)

                                     2.- Sector ALUMNADO (2 persoas)

                               

Procederase á elección dos membros da Xunta Electoral por sorteo público o vindeiro mércores, día 31 de outubro ás 20:00 horas na secretaría do centro.



Animámosvos a que presentedes as vosas candidaturas.



Pontevedra, 21 de outubro


                                                                         O Director: José Luis Casado Guerra

19/10/12

ADMITIDOS/EXCLUIDOS PROBAS LIBRES BACHARELATO

  Esta é a listaxe de alumnos admitidos e excluídos para participar nas probas libres para a obtención do título de Bachiller para maiores de 20 anos.
IMPORTANTE: Os alumnos realizaran o exame no Centro onde fixeron a súa matrícula.

Descargar en PDF






16/10/12

BACHARELATO: Alumnos lista de espera (II)

Os alumnos, da lista de espera de Bacharelato, que a continuación se citan deberán pasar a formalizar a súa matrícula, no caso de seguir interesados, desde o martes 16 de outubro ata o xoves 18 de outubro ás 14:00h.

De non facelo no periodo establecido perderán o seu posto na lista de espera pasando ao final da mesma:

ü  Campelo Pastoriza, Lucia
ü  Troitiño Diéguez, Cristian
ü  Dongil Regueira, Yasmina
ü  Carragal Castro, Iván
ü  Faro Pérez, José Miguel
ü  Iglesias Vilariño, Damián
ü  Ichoukade, Asma
ü  Varela Garabatos, Sandra
ü  Puime Picos, Daniel
ü  Puime Picos, David
ü  García Vidal, Ana
ü  Iglesias López, Diego
ü  Millán Sousa, David
ü  Palacio Couso, Alejandro
ü  González Barreiro, Adrián
ü  Murado Acosta, Nuria
ü  Rodiño Outeda, Marta
ü  Carabelos González, Alexandre
ü  Taboada Ramallo, Daniel
ü  Rey Álvarez, Mª Luisa
ü  Caramés Fernández, Diego
Rey Fernández, Vanesa

11/10/12

ESA SEMIPRESENCIAL: Matrícula


 
Aunque la fecha tope para matricularse en el 1º cuatrimestre de la ESA SEMIPRESENCIAL es el 21 de diciembre, recordad que para poder realizar los exámenes del 1º bimestre (14 y 15 de noviembre) debeis estar matriculados antes del próximo 31 de octubre.

EXAMEN PRUEBA DE ADSCRIPCIÓN (prueba de nivel)

  •  
    Informamos que el próximo miércoles 17 de octubre a las 18:00 horas tendrá lugar la realización del examen de la PRUEBA DE ADSCRIPCIÓN.
    Los alumnos inscritos deberán presentarse 10 minutos antes de dicha hora en la secretaría del centro

10/10/12

BACHARELATO: Alumnos lista de espera

Unha vez rematado o prazo para formalizar a matrícula por parte dos alumnos admitidos (5-10-2012) procédese a chamar aos alumnos da lista de espera para cubrir as baixas e renuncias producidas.


Os alumnos que a continuación se citan deberán pasar a formalizar a súa matrícula, no caso de seguir interesados, desde o xoves 11 de outubro ata o luns 15 de outubro ás 14:00h.

De non facelo no periodo establecido perderán o seu posto na lista de espera pasando ao final da mesma:

                                             1.- Viñas Agra, José Vicente
                                             2.- Chapela Nogueira, Mª Asunción
                                             3.- Rial Ruíz, Astrid Carolina
                                             4.- Rivas Pereiras, Iván
                                             5.-Pérez Otero, Sara
                                             6.- Buezas Argibay, Iago
                                             7.- Fuentes Félix, Paula

7/10/12

Cambios nos horarios

Tivemos que facer algúns pequenos cambios nos horarios. Afectan a Bacharelato,(todolos grupos), 1º ESA presencial (grupo de mañá), Iniciación ao francés (grupo de tarde), Gardas do profesorado e Biblioteca. Os novos horarios están dispoñibles nos taboeiros do Centro e na nosa páxina Web.

2/10/12

ALUMNOS LATÍN e GREGO (1º e 2º BACH.): reunión informativa

REUNIÓN INFORMATIVA
O próximo xoves, 4 de setembro, ás 17:00 h. haberá unha reunión na biblioteca con todos os ALUMNOS DE LATÍN I, LATÍN II, GREGO I  e GREGO II, das dúas quendas, para informárvos  da oferta educativa e horarios destas materias para este curso 2012-2013.

CALENDARIO PROVISIONAL do curso 2012-2013

Xa está dispoñible o calendario provisional do curso 2012-13. Podedes descargalo na páxina principal da web do Centro ou AQUI

1/10/12

TITORÍAS ORIENTATIVAS BACHARELATO

As titorías Orientativas de bacharelato comenzarán a partir da próxima semana (recordade que estas titorías impartense cada dúas semanas)

30/9/12

BACHARELATO: formalización matrícula alumnos admitidos

Recordade que todos os alumnos admitidos tedes como data máxima para formalizar a matrícula ata o próximo venres 5 de outubro.

27/9/12

Notas definitivas Probas Libres ESO (Setembro)

  Xa están as notas definitivas das Probas Libres da ESO (convocatoria de setembro), podedes consultalas no Taboeiro de Novas do Centro ou nas seguintes ligazóns:

Tribunal nº 3 (Gaiteiro-Zas)

26/9/12

Admitidos Bacharelato despois da baremación


  Estas son as listaxes de admitidos no Bacharelato despois de aplicar o baremo de Facenda:





BACHARELATO: Presentación e inicio de clases.



A presentación de Bacharelato terá lugar o próximo venres, 28 de setembro no seguinte horario:

* 11:30 h.--- Quenda da mañá
* 18:15 h.--- Quenda da tarde

O inicio das clases será o luns, 1 de outubro, no horario normal.
Os horarios de 1º e 2º de bacharelato podédelos consultar na sección "Horarios" situada na páxina de inicio da nosa web.

LISTAXE ADMITIDOS BACHARELATO 2012-2013



Unha vez rematado todo o proceso de baremación, publicamos a listaxe de alumnos de bacharelato admitidos para o curso 2012-13.
Pode consultarse no taboeiro exterior do noso centro ou na seguinte ligazón.

25/9/12

BACHARELATO 2012-13: LISTAXE ADMITIDOS

Unha vez recibidos os datos necesarios da Axencia Estatal e Administración Tributaria, de todos os alumnos que no seu día solicitaron unha praza de bacharelato no noso centro, informamos que a  listaxe de alumnos de bacharelato admitidos para o curso 2012-13 será publicada o próximo mércores, día 26, ás 15:00h

Os alumnos admitidos deberán pasar pola secretaría do centro para formalizar a matrícula (desde o día 27 de setembro ata o 5 de outubro como data máxima).
A presentación do curso 2012-2013 para todos os alumnos de bacharelato admitidos será o venres, día 28 de setembro, en horario todavía non determinado.

21/9/12

Horarios do curso 2012-13, 1º cuatrimestre

  Xa están disponibles os horarios do novo curso. Podedes consultalos e descargalos en PDF seguindo a ligazón da páxina principal do Centro ou  AQUÍ

20/9/12

PROBAS LIBRES (setembro): Cualificacións provisionais TRIBUNAIS Nº 2 e Nº 3


Xa se poden consultar as notas dos exámes das Probas Libres da ESO (convocatoria de SETEMBRO). O prazo de reclamacións é do 21 ao 24 deste mes de SETEMBRO, en horario de oficina. As notas están no taboeiro de anuncios do Centro e na xanela de documentos da páxina das probas na web da EPA ou nestas ligazóns:

 Tribunal nº 2:
 Tribunal nº 3 (Gaiteiro-Zas)

17/9/12

LISTAXE ADMITIDOS BACHARELATO 2012-2013


Unha vez finalizado o prazo de reserva de prazas do bacharelato semipresencial e feito o reconto de solicitudes presentadas informamos da necesidade de realizar un proceso de baremación.

Seguindo as indicacións do punto 19, apartado d), da circular 5/2012 da Dirección Xeral de Educación para a organización das ensinanzas de bacharelato para persoas adultas os alumnos que obteñen praza en primeiro lugar son os alumnos que cursaron materias no noso centro no anterior curso académico (ESA ou bacharelato), aqueles alumnos con algún tipo de discapacidade que impida ou dificulte a asistencia á modalidade presencial e aqueles alumnos con contrato laboral vixente. Por último, obterían praza no centro aqueles solicitantes con menor renda persoal ou da unidade familiar á que pertenzan.




Á espera de recibir os datos necesarios da Axencia Estatal e Administración Tributaria para poder continuar co proceso desta baremación, e expoñer a lista completa de todos os alumnos admitidos, publicamos unha primeira listaxe dos alumnos xa admitidos por cumplir unha das 3 primeiras condicións de acceso.

Estes alumnos xa admitidos deberán pasar pola secretaria para formalizar a súa matricula desde o día 18 ao 25 de setembro, ambos incluídos. (de 9:00h. a 14:00h).

O resto do alumnado deberá permanecer á espera de rematar o proceso de baremación, xa cos datos da Axencia Estatal e Administración Tributaria, nese momento publicaremos a listaxe co total de alumnos admitidos (este proceso poderá tardar 4 ou 5 días). Calquera novidade será publicada nesta sección da nosa páxina web.
















 







PRESENTACIÓN CURSO 2012-2013: ESA, NIVEL I, NIVEL II e INMIGRANTES.


O próximo venres, 21 de setembro, realizaremos a presentación do curso 2012/13 no seguinte horario:


11:00 HORAS--> ESA PRESENCIAL MAÑÁ (1º e 3º)

12:30 HORAS--> ESA SEMIPRESENCIAL MAÑÁ







17:30 HORAS--> ESA PRESENCIAL TARDE (1º e 3º)

18:15 HORAS--> NIVEL I e NIVEL II

18:30 HORAS--> ESA SEMIPRESENCIAL TARDE

18:30 HORAS--> L.C.e G.INMIGRANTES


As clases comenzarán o luns 24, no horario normal.

Os horarios de cada grupo estarán expostos nos taboleiros da zona de conserxería o mesmo venres.

16/9/12

REUNIÓN CÓS PROFESORES DOS CONCELLOS



O próximo mércores, 19 de setembro, ás 18:00 horas terá lugar a reunión para informar dos contidos, temario, materiais,etc, da ESA SEMIPRESENCIAL para o curso 2012-2013.

A reunión celebrarase na aula 17 situada no 2º andar do noso edificio, ao lado do despacho de xefatura de estudos.

10/9/12

LISTAXES PROVISIONAIS PROBAS LIBRES SETEMBRO

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNOS MATRICULADOS PARA PROBAS LIBRES DE SETEMBRO:


A LISTAXE SÓ CONTÉN Ó ALUMNADO QUE REALIZARÁ A PROBA NO CENTRO EPA RÍO LÉREZ

TRIBUNAL Nª 1:

VER EN EL ENLACE https://www.sugarsync.com/pf/D6857621_7325004_142784


TRIBUNAL Nº 3: https://www.sugarsync.com/pf/D6857621_7325004_142782









7/9/12

E.S.A.: entrega de notas e reclamacións.(Setembro 2012)


Os resultados da avaliación de setembro (convocatoria extraordinaria) da ESA poderán consultarse (e imprimirse) na páxina web do centro (www.epapontevedra.com)a partir das 12:00 horas do luns 10 de setembro.
Se algún alumno quixese ver o exame e/ou falar co profesor/a correspondente sobre calquera aspecto relacionado co resultado da súa avaliación poderá acudir ao centro dende as 12:00 horas ata as 13:00 horas dese mesmo día .

Se despois de ver o exame e entrevistarse co profesor o alumno mantén o seu desacordo co resultado da avaliación, poderá presentar unha reclamación formal por escrito xustificando os motivos que o levan a reclamar. Este documento débese presentar na secretaría do centro, dirixido á Dirección, (en horario de 9:00h a 14:00h) os días 10, 11 ou 12 de setembro.

3/9/12

EXAMEN PRUEBA DE NIVEL

Informamos que el próximo miércoles 12 de septiembre a las 18:00 horas tendrá lugar la realización del examen de la PRUEBA DE NIVEL para todas las personas matriculadas previamente en nuestra secretaría.
Los alumnos deberán presentarse 10 minutos antes de dicha hora en la secretaría del centro.