7/5/14

23 DE MAIO: CHARLA INFORMATIVA SOBRE AS PAU 2014

O día 23 de Maio ás 10:00 horas ofrecerase unha charla informativa sobre as Probas de Acceso á Universidade, na aula 6 da 4ª planta. Axudarase a cubrir os impresos relativos ás taxas para solicitar o título de bacharelato así como a preinscrición daqueles que vaian realizar as PAU. De non poder asistir a esta charla é importante que recibades a devandita información no departamento de orientación (2º planta) no horario establecido de atención, dispoñible na páxina web do Centro.