O día 6 de febreiro ás 10:45 horas, na aula 6 (Audiovisuais) a Orientadora da EPA ofrece unha charla informativa e presentación en power point para aqueles/as alumno/as que rematen 4º ESA con avaliación positiva e acaden o título de Graduado na Educación Secundaria. Incluírase aspectos referidos ao prazo de matrícula (febreiro) ou peculiaridades do Bacharelato de Adultos a distancia no réxime semipresencial, que poden ser de interese.