A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA
DO CENTRO EPA RÍO LÉREZ
No mes de novembro procederase á renovación parcial
dos integrantes do Consello Escolar.
A elección dos representantes dos distintos sectores
celebrarase entre os días 26 e 30 de novembro, ambos os dous incluídos.
Os sectores a renovar son:
1.- Sector PROFESORADO (3 persoas)
2.- Sector ALUMNADO (2 persoas)
Procederase á elección dos membros da Xunta
Electoral por sorteo público o vindeiro mércores, día 31 de outubro ás 20:00
horas na secretaría do centro.
Animámosvos a que presentedes as vosas candidaturas.
Pontevedra, 21 de outubro
O Director: José Luis Casado Guerra