Para velos máis grandes facede dobre clic sobre eles:
24/4/13
23/4/13
ESA: entrega de notas (1º bimestre)
O vindeiro mércores 24 de abril estarán dispoñibles, desde as 21:30h., as notas dos cursos da ESA SEMIPRESENCIAL correspondentes ao 1º bimestre (exames realizados os días 17 e 18). Podedes consultalas desde o enlace situado na páxina de inicio da WEB do Centro. Lembrade que tedes que introducir como código identificador o voso DNI (con letra, sen guión), seguido do mes e ano de nacemento (ámbolos dous en formato de dous díxitos, por exemplo: febreiro de 1987 será 0287). No caso de alumnos estranxeiros é necesario o número do pasaporte ou o de matrícula, seguido tamén da data de nacemento.
As notas correspondentes aos cursos da ESA PRESENCIAL serán entregadas na aula polos propios titores
As notas correspondentes aos cursos da ESA PRESENCIAL serán entregadas na aula polos propios titores
11/4/13
BACHARELATO: CONVOCATORIA PENDENTES DE 1º BACH.(2 e 3 de maio de 2013)
Esta convocatoria non é obrigatoria, senón totalmente opcional. Ten por obxecto adiantar os exames finais (avaliación ordinaria) de 1º de bacharelato a aqueles alumnos de 2º de bacharelato que teñen materias pendentes para que poidan ter a posibilidade de presentarse ás probas de acceso á universidade os días 12, 13 e 14 de xuño. Para o alumnado que non teña intención de presentarse á convocatoria de xuño destas probas de acceso á universidade o máis conveniente sería continuar asistindo ás clases de 1º ata o final do curso e presentarse aos exames de 1º Bac. da 3ª avaliación e/ou finais no mes de xuño.
Todo o alumnado que opte por presentarse a esta convocatoria especial para pendentes de 1º Bach., DEBE COMUNICALO como moi tarde o venres 26 deste mes ao Xefe de Estudos e ao profesor/a da materia á que vaia presentarse.
Nos próximos días daremos a coñecer un calendario de exames elaborado en función das solicitudes recibidas.
1/4/13
ESA SEMIPRESENCIAL: calendario e horarios dos exames do 1º bimestre
EXAMES ESA SEMIPRESENCIAL (1º bimestre)
NOTA: Os alumnos deberán presentarse no centro ás 15:55h. e/ou 18:55h., segundo corresponda, co DNI ou carnet do centro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)