7/11/12

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR: CALENDARIO ELECTORAL


A Xunta Electoral reunida no día de hoxe, 7 de novembro, aprobou o seguinte calendario de actuacións para a renovación dos integrantes do Consello Escolar:


PRESENTACIÓN CANDIDATURAS CONSELLO ESCOLAR


Prazo para a presentación de candidaturas ao Consello Escolar.

 

Desde hoxe día 8 ata o próximo 16 de novembro, ambos incluídos, queda aberto o prazo de presentación de candidaturas de todos os sectores da comunidade escolar para ser membro do Consello Escolar de cara á renovación parcial que corresponde neste curso 2012-2013.

De acordo coa lexislación vixente, este curso deben ser renovados 3  membros do profesorado e  2 de alumnado.

Os interesados deben cumprimentar a solicitude na Secretaría do centro no prazo indicado anteriormente.

 O día 21 de novembro proclamaranse os candidatos de cara ás eleccións do  mércores 28 de novembro.

                                             Atentamente.

                                                                   O Director: José Luis Casado Guerra