27/3/14

EXAMES DE RECUPERACIÓN XEOGRAFÍA E XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA

ALUMNOS DE XEOGFRAFÍA (2 CURSO DE BACHARELATO)

O exame de recuperación da segunda avaliación será o xoves, día 10 de abril, ás 17 horas na aula que se indicará con anticipación suficiente. A duración do exame será, como máximo, de hora e cuarto.

ALUMNOS DE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA (2 CURSO DE BACHARELATO)

O exame de recuperación da segunda avaliación será o xoves, día 10 de abril, no caso dos alumnos do turno de tarde ás 18,15 horas na aula 6; os alumnos do turno de mañá son convocados o exame para o día 11 de abril, venres, ás 13,45 horas, na aula 16.

24/3/14

EXAMES MATERIAS PENDENTES DE 1º BACHARELATO

O alumnado de 2º de Bacharelato  con materias pendentes de 1º que  queiran presentarse  ás PAU teñen que facer os exames das materias pendentes de 1º os días 24 e 25 de abril no calendario que se establecerá para os mesmos.


Ditos alumnos teñen que anotarse para a realización dos mesmos na listaxe que con dita finalidade estará na conserxería  ata o 11 de abril.


Os alumnos que non se anoten non poderán facer os exames.


Aclaracións importantes:

  •      Na modalidade de bacharelato de adultos non é obrigatorio facer os exames das materias pendentes. É decir, un alumno pode optar por facer coas materias pendentes de primeiro o curso completo con todas as avaliacións coma calquer  alumno de 1º de bacharelato. 

  •       Neste caso o alumno terá que esperar a que se faga a avaliación  de 1º para saber se titula ou non e polo tanto xa non pode presentarse ás PAU  na convocatoria de  xuño.

  • Se un alumno se presenta ós exames de pendentes  e suspende, xa non poderá facer nengún exame desa materia ata  setembro.


Si non tedes claro calquera ponto desta información pasade por Xefatura para aclararvos o que precisedes. 


21/3/14

CALENDARIO DE EXAMES DISTANCIA 1º BIMESTRES E AULAS


OS EXAMES SON NAS DATAS E NAS AULAS SEGUINTES:


IMPORTANTE: 

PARA PODER ENTREGAR OS EXAMES TEMOS QUE PRESENTAR O DNI OU DOCUMENTO OFICIAL


19/3/14

Notas Bacharelato 2ª Avaliación



Xa está disponibles as notas de Bacharelato da 2ª Avaliación


CONSULTAR

12/3/14

PROBAS LIBRES SECUNDARIA 2014: Datas, lugares e documentación.





 D.O.G. do 7 de febreiro de 2014
 
  • Data do exame: venres 23 de maio. 
  • Datas para formalizar a matrícula:  Do 24 de marzo ao 4 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.

O alumnado que vai realizar os exames en Pontevedra deberá matricularse atendendo á primeira letra do seu primeiro apelido: 


   - Da letra A á letra L: na EPA Río Lérez
- Da letra M á letra Z: no IES Sánchez Cantón


  • Documentación a presentar:
- 1.- Impreso solicitude matrícula, Anexo I.

- 2.- Fotocopia do DNI, Pasaporte ou documentación equivalente

- 3.- Baixa do centro no que estivese inscrito, de se-lo caso.

-4.- Copia cotexadas, se procede, dos certificados dos ámbitos superados noutras convocatorias ou certificación académica das materias superadas.
    


                                                                    O secretario
-

11/3/14

CHARLA INFORMATIVA SOBRE AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

A xefatura do departamento de orientación, fará unha presentación informativa sobre a convocatoria 2014 das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.


DESTINATARIOS: Alumnado da EPA.
 
A idade mínima para poder presentarse é ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural da celebración da proba
 (2014).

DÍA: XOVES 20 DE MARZO
HORA: 5:30
LUGAR: AULA 6 (4ª PLANTA)