29/2/12

BACHARELATO. Horarios de Exames da 2ª Avaliación

Pinchade neles para velos a pantalla completa








28/2/12

BACHARELATO 2ª AVALIACIÓN: EXAMES DE COINCIDENCIAS

Os alumnos aos que lles coincida no mesmo horario un exame de 2º BAC. con outro de 1º, deben facer o exame de 2º no horario establecido e presentarse o venres 9-III, ás 11:30h os da quenda da mañá e ás 17:30h os da quenda da tarde, na aula 12 para facer o exame de 1º no horario previsto para COINCIDENCIAS.
Nese caso é obrigatorio que o alumno avise ao profesor/a da materia de 1º e se anote na listaxe que para o efecto se abrirá na conserxería. O prazo para anotarse rematará o mércores 7-III a última hora do serán.
ATENCIÓN: Non será admitido a exame ningún alumno que non se anotase previamente no prazo indicado. Só deben anotarse aqueles alumnos que efectivamente vaian facer o exame. Se algún anotado finalmente non se presentase, sen telo advertido previamente, deberá pasar pola Xefatura de Estudos para xustificar esa falta.

O Xefe de Estudos





                                                                                                                             Pontevedra,  28-III-11