17/9/12

LISTAXE ADMITIDOS BACHARELATO 2012-2013


Unha vez finalizado o prazo de reserva de prazas do bacharelato semipresencial e feito o reconto de solicitudes presentadas informamos da necesidade de realizar un proceso de baremación.

Seguindo as indicacións do punto 19, apartado d), da circular 5/2012 da Dirección Xeral de Educación para a organización das ensinanzas de bacharelato para persoas adultas os alumnos que obteñen praza en primeiro lugar son os alumnos que cursaron materias no noso centro no anterior curso académico (ESA ou bacharelato), aqueles alumnos con algún tipo de discapacidade que impida ou dificulte a asistencia á modalidade presencial e aqueles alumnos con contrato laboral vixente. Por último, obterían praza no centro aqueles solicitantes con menor renda persoal ou da unidade familiar á que pertenzan.




Á espera de recibir os datos necesarios da Axencia Estatal e Administración Tributaria para poder continuar co proceso desta baremación, e expoñer a lista completa de todos os alumnos admitidos, publicamos unha primeira listaxe dos alumnos xa admitidos por cumplir unha das 3 primeiras condicións de acceso.

Estes alumnos xa admitidos deberán pasar pola secretaria para formalizar a súa matricula desde o día 18 ao 25 de setembro, ambos incluídos. (de 9:00h. a 14:00h).

O resto do alumnado deberá permanecer á espera de rematar o proceso de baremación, xa cos datos da Axencia Estatal e Administración Tributaria, nese momento publicaremos a listaxe co total de alumnos admitidos (este proceso poderá tardar 4 ou 5 días). Calquera novidade será publicada nesta sección da nosa páxina web.
















 







PRESENTACIÓN CURSO 2012-2013: ESA, NIVEL I, NIVEL II e INMIGRANTES.


O próximo venres, 21 de setembro, realizaremos a presentación do curso 2012/13 no seguinte horario:


11:00 HORAS--> ESA PRESENCIAL MAÑÁ (1º e 3º)

12:30 HORAS--> ESA SEMIPRESENCIAL MAÑÁ







17:30 HORAS--> ESA PRESENCIAL TARDE (1º e 3º)

18:15 HORAS--> NIVEL I e NIVEL II

18:30 HORAS--> ESA SEMIPRESENCIAL TARDE

18:30 HORAS--> L.C.e G.INMIGRANTES


As clases comenzarán o luns 24, no horario normal.

Os horarios de cada grupo estarán expostos nos taboleiros da zona de conserxería o mesmo venres.