As notas da avaliación ordinaria estarán a disposición do alumnado dende as 20:00 do mércores 5 de febreiro na nosa web, no enlace
http://www.epapontevedra.com/notas/notas.php
REVISIÓN DE EXAMES PARA ALUMNOS DA ESA :
O alumnado poderá revisar os exames o xoves 6 de febreiro neste horario:
- Alumnos da quenda da mañá: De 11:30 a 13:00
- Alumnos da quenda da tarde: De 19:45 a 21:15
Os profesores estarán na sala de profesores (3º andar) para atender as súas peticións.
PRAZO PARA RECLAMACIÓNS:
O alumnado poderá presentar reclamación por escrito na secretaría do centro os días 6 e 7 de febreiro.
BOLETÍNS ESA PRESENCIAL:
Os alumnos dos grupos de presencial terán os boletíns na conserxería do centro o xoves 6 dende as 11:00 e 17:00 horas respectivamente para quenda da mañá ou da tarde.
BOLETÍNS ESA PRESENCIAL:
Os alumnos dos grupos de presencial terán os boletíns na conserxería do centro o xoves 6 dende as 11:00 e 17:00 horas respectivamente para quenda da mañá ou da tarde.