29/8/12

RESERVA DE MATRÍCULA 2012-2013

Prazos de reserva de matrícula setembro


- BACHARELATO: do 3 ao 14 de setembro
- ESA Presencial: do 3 ao 12 de setembro

- ESA Semipresencial (1º cuatrimestre): do 3 de setembro ao 21 de decembro


BACHARELATO: Entrega de notas e reclamacións.

Os resultados da avaliación de setembro (convocatoria extraordinaria) de 1º e 2º de bacharelato poderán consultarse (e imprimirse) na páxina web do centro (www.epapontevedra.com) a partir das 11:30 h. do xoves 6 de setembro.

Se algún alumno quixese ver o exame e/ou falar co profesor/a correspondente sobre calquera aspecto relacionado co resultado da súa avaliación deberá acudir ao centro, o mesmo xoves día 6, a partir das 12:00h e ata as 13:00h para entrevistarse co profesor/a que corresponda.

Se despois de ver o exame e entrevistarse co profesor o alumno mantén o seu desacordo co resultado da avaliación, poderá presentar unha reclamación formal por escrito xustificando os motivos que o levan a reclamar. Este documento débese presentar na secretaría do centro, dirixido á Dirección, (en horario de 9:00h a 14:00h) os días 6 ou 7 de setembro.
IMPORTANTE: Os alumnos que desexen matricularse para a SELECTIVIDADE deberán pasar por secretaría o mesmo día 6 ( de 09:00h. a 14:00h).

BACHARELATO: Coincidencias (setembro 2012)

Se un alumno non pode facer un dos exames porque lle coincide á mesma hora un de 1º con outro de 2º, debe presentarse ao de 2º nese horario e facer o de 1º no horario previsto para as coincidencias o mércores 5 de setembro ás 10:00h.
(Nese caso debe indicalo anotándose na conserxería antes das 12:00 h. do martes día 4 persoalmente ou vía telefónica).

BIENVENIDA CURSO 2012-2013

Los integrantes del equipo directivo del centro EPA Río Lérez de Pontevedra quiere daros la bienvenida a nuestro centro educativo en este inicio del curso 2012-2013.
                                                            
                                                                   El director: José Luis Casado