20/9/14

BACHARELATO 2014-2015: formalización matrícula alumnos admitidos

Recordade que todos os alumnos admitidos tedes como data máxima para formalizar a matrícula, pasando pola secretaría do noso centro, desde o día 22 ata o próximo  26 de setembro. 

Aqueles alumnos que non formalicen a súa matrícula nestas datas perderán a praza e procederase a chamar ás persoas da lista de espera.

PROBAS LIBRES (setembro 2014): CUALIFICACIÓNS PROVISIONAIS

Xa están dispoñibles as cualificacións provisionais das PROBAS LIBRES da ESO correspondentes á convocatoria de setembro. A continuación publicamos as notas de todos aqueles alumnos que fixeron os exames  na EPA Río Lérez. O alumnado que fixo os exames noutros centros pode acceder directamente ás notas  na páxina web de Ensinanzas de Adultos da Consellería de Educación desde este enlace  http://www.edu.xunta.es/web/node/1238

  (Para velos máis grandes facede 1 clic sobre eles:

 

PRAZO RECLAMACIÓNS: do 20 ao 25 de setembro (horario de 9:00 h. a 14:00 h.)