ALUMNOS BACHARELATO QUE VAN AS
PAU
1. Deben pasar pola
Secretaría para recoller as taxas para o depósito do título de Bacharelato e da
matrícula das PAU (selectividade). Tamén se lles fará entregra da prematrícula
onde o alumno marcará as materias das que quere examinarse.
Unha vez aboadas as taxas e coa prematrícula
cuberta deben pasar pola Secretaría para entregalas xunto con dúas copias do
DNI.
Prazo: do 26 ao
28 de maio.
2.
O día 30 de
maio, de 9 a 11 da mañá, deberán pasar de novo pola Secretaría para revisar
os datos contidos na súa matrícula, xa que as 12,00 horas de ese mesmo día,
levarase toda a documentación ao LERD para a inscripción nas probas.
3.
O día 2 de xuño
a partir das 12:00 horas, pasarán pola
Secretaría para recoller a súa certificación académica, CELGA 4 de se-lo caso, a
súa matrícula nas PAU, así como o calendario das probas e demais pasos a seguir
(data de publicación das cualificacións, datas dos posibles recursos…etc).
ALUMNOS BACHARELATO QUE NON VAN AS PAU
Pasarán pola
Secretaría do 3 de xuño en diante,
para recoller a taxa para o depósito do título de Bacharelato. Unha vez aboadas
as taxas, terán que aportar o resgardo e dous
días despois recollerán a súa certificación académica e CELGA 4 de se-lo
caso.
IMPORTE DAS
TAXAS:
Título
Bacharelato: 49´82 euros *
Dereitos de exame
das PAU: 63´67 euros *
* Os alumnos que teñan a condición de familia
numerosa, deberán aportar 2 copias do carné de Familia Numerosa en vigor e
copia do libro de familia onde apareza o interesado, para aboar a metade do
importe das taxas.
Secretaría do centro EPA