Os
resultados da avaliación final (convocatoria ordinaria) de 2º de bacharelato
poderán consultarse (e imprimirse) na páxina web do centro
(www.epapontevedra.com) a partir das 20:00h do xoves 22 de maio.
Se algún
alumno quixese ver o exame e/ou falar co profesor/a correspondente sobre
calquera aspecto relacionado co resultado da súa avaliación deberá contactar
directamente con él, para o que disporá dos días 23 e 26.
Se despois
de ver o exame e entrevistarse co profesor o alumno mantén o seu desacordo co
resultado da avaliación, poderá presentar unha reclamación formal por escrito
xustificando os motivos que o levan a reclamar. Este documento débese presentar
na secretaría do centro, dirixido á Dirección, (en horario de 9;00h a 14:00h)
os días 27 ou 28 de maio.