21/5/14

ALUMNOS TITULADOS BACHARELATO. PAU, Taxas,Certificados, Título,...



ALUMNOS BACHARELATO QUE VAN AS PAU
1.    Deben pasar pola Secretaría para recoller as taxas para o depósito do título de Bacharelato e da matrícula das PAU (selectividade). Tamén se lles fará entregra da prematrícula onde o alumno marcará as materias das que quere examinarse.
Unha vez aboadas as taxas e coa prematrícula cuberta deben pasar pola Secretaría para entregalas xunto con dúas copias do DNI.

Prazo: do 26 ao 28 de maio.

2.    O día 30 de maio, de 9 a 11 da mañá, deberán pasar de novo pola Secretaría para revisar os datos contidos na súa matrícula, xa que as 12,00 horas de ese mesmo día, levarase toda a documentación ao LERD para a inscripción nas probas.

3.    O día 2 de xuño a partir das 12:00 horas,  pasarán pola Secretaría para recoller a súa certificación académica, CELGA 4 de se-lo caso, a súa matrícula nas PAU, así como o calendario das probas e demais pasos a seguir (data de publicación das cualificacións, datas dos posibles recursos…etc).

ALUMNOS BACHARELATO QUE NON VAN AS PAU
Pasarán pola Secretaría do 3 de xuño en diante, para recoller a taxa para o depósito do título de Bacharelato. Unha vez aboadas as taxas, terán que aportar o resgardo e dous días despois recollerán a súa certificación académica e CELGA 4 de se-lo caso.

IMPORTE DAS TAXAS:
Título Bacharelato:  49´82 euros *
Dereitos de exame das PAU: 63´67 euros *

* Os alumnos que teñan a condición de familia numerosa, deberán aportar 2 copias do carné de Familia Numerosa en vigor e copia do libro de familia onde apareza o interesado, para aboar a metade do importe das taxas.

                                                                             Secretaría do centro EPA